Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de L.M.T.S. grupo escolar-Bermaña e reforma do C.T. Bermaña, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. grupo escolar rematando no C.T. de Bermaña, concello de Caldas de Reis.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 820 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. Reforma do C.T. Bermaña cun conxunto de terminación interior e unha cela de liña.
Orzamento: 14.851.496 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 12 de setembro de 1996.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9607172