Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 15 de outubro de 1996 Páx. 9.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía, na súa sesión con data 23 de setembro do ano que andamos, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da unidade de execución número 24-Cambre, das normas subsidiarias municipais presentado por Obralar, S.L., e redactado polo arquitecto Antonio de la Morena Pardo.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública, polo prazo de quince días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 117 do texto refundido da Lei do solo e artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal deste concello.

Cambre, 4 de outubro de 1996.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

Números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273

AVISO PARA OS ANUNCIANTES

PREZOS PARA A PUBLICACIÓN DE ANUNCIOS

NO DOG A PARTIR DO 1 DE XANEIRO DE 1996

(Decreto 289/1995, do 3 de novembro,

DOG do 9 do mesmo mes)

-Tramitación ordinaria: 445 pesetas/liña de 54 espacios.

-Tramitación urxente: 890 pesetas/liña de 54 espacios.

×ÙüïøM£ó|¿7fý‰»nv®p