Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 15 de outubro de 1996 Páx. 9.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 1996 pola que se anuncia a información pública do proxecto para a defensa de enchentes do río Sar en Padrón (A Coruña), treito: acondicionamento do leito existente desde a ponte da Meana ata a de Extramundi, desagregación primeira fase.

Aprobado tecnicamente, por resolución do organismo autónomo Augas de Galicia do 9 de setembro de 1996, o proxecto para a defensa de avenidas do río Sar en Padrón (A Coruña). Treito: acondicionamento do cauce existente desde a ponte da Meana ata a de Extramundi. desagregación 1ª fase, clave: OH.415.378; sométese o citado proxecto ó trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que, aqueles que o consideren oportuno poidan formular por escrito as observacións que crean convenientes ante o organismo autónomo Augas de Galicia, situado nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela e ante a Alcaldía de Padrón, así como na Comisión Provincial de Medio Ambiente da Coruña, lugares onde estará á disposición do público o proxecto de referencia.

O que se fai público para os efectos do previsto na Lei de expropiación forzosa e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 1996.

Emilio García Gallego

Presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia

7437