A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado i) do artigo 7 da Orde de 22 de maio de 1996 (DOG nº 111 do 6 de xuño), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración de marcapasos.
Obxecto e orzamento.
A subministración de marcapasos, por un orzamento máximo de 9.312.631 ptas. (IVE incluído).
Prazo de entrega.
O material obxecto do presente concurso público deberá de ser entregado en función da programación da subministración, que será establecido por este centro.
Documentos de interese para os licitadores.
O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poder ser solicitada no Servicio da Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doctor Severo Ochoa s/n. Tfno. (982) 29 65 52 e fax (982) 21 29 24.
Fianzas.
Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de cento oitenta e seis mil duascentas cincuenta e tres pesetas (186.253 ptas.) e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da
Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
Solvencia económica e financeira.
Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
Solvencia técnica.
Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
Clasificación.
Non se precisa.
Criterios de adxudicación.
-Valoración técnica (ata 5 puntos).
-Prezo (ata 4 puntos).
-Prazo de entrega das programacións (ata 3 puntos).
Admisión de variantes.
Non se admiten variantes.
Presentación de proposicións.
As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anuncia-lo Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.
Apertura de proposicións.
A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores.
Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios.
Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.
Lugo, 9 de setembro de 1996.
Luis E. Vicente Sánchez
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo
7151