En cumprimento do disposto nos artigos 94.2º da Lei 13/1996, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e 24 do R.d. 390/1996, do 1 de marzo, dispoño a publicación das seguintes adxudicacións de contratos de servicios:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Parlamento de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.
c) Número de expediente: 3/1996.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: de servicios.
b) Descrición do obxecto: contraincendios, de seguridade e de axardinamento dos edificios e instalacións do Parlamento de Galicia.
c) Lotes: dous lotes.
Lote nº 1: de contraincendios e de seguridade.
Lote nº 2: de axardinamento.
d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 113, do 10 de xuño de 1996.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Presuposto base de licitación.
Importe total:
Lote nº 1.-Contraincendios e seguridade: 4.800.000 pesetas.
Lote nº 2.-Axardinamento: 5.850.000 pesetas.
5. Adxudicación.
a) Data: 6 de setembro de 1996.
b) Contratista:
Lote nº 1.-Contraincendios e seguridade: Seguridad A-1.
Lote nº 2.-Axardinamento: Xardín de Compostela.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación:
Lote nº 1.-Contraincendios e seguridade: 4.492.000 pesetas.
Lote nº 2.-Axardinamento: 5.682.091 pesetas.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1996.
Victorino Núñez Rodríguez
Presidente do Parlamento de Galicia
7150