Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 14 de outubro de 1996 Páx. 9.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 9 de setembro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Magdalena II.

Visto o expediente incoado por Eladio Otero Rodríguez, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominado Magdalena II, outorgado pola orde ministerial do 3-11-1971, situado na cuadrícula nº 146, do polígono F do Grove, rematando a concesión o 4-12-2001, e do que eran titulares Juan Fco. Otero Magdalena e Dolores Rodríguez Vidal.

Tendo en conta o informado polo Servicio Xurídico e de Planificación e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos os certificados de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, os testamentos liquidados de impostos, as relacións de bens debidamente liquidadas de imposto, esta consellería tivo a ben acceder ó solicitado, e declara titular da concesión administrativa e da batea que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a Eladio Otero Rodríguez.

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 9 de setembro de 1996.

P.D. (Orde do 27-6-1990)

José M. Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

7208