Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 14 de outubro de 1996 Páx. 9.089

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 9 de setembro de 1996 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Amazonas III.

Visto o expediente incoado por Mª Luisa Rodríguez Vieites, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de ostra e vieira denominado Amazonas III, outorgado pola orde ministerial do 6-5-1964, situado n a cuadrícula nº 20, do polígono G de Cambados, remantando a concesión o 7-10-2001, e do que eran titulares Miguel Fernández Bugallo e Mª Luisa Rodríguez Vieites.

Tendo en conta o informado polo Servicio Xurídico e de Planificación e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de Últimas Vontades, a declaración de herdeiros ab-intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o caderno particional da herdanza, esta consellería tivo a ben

acceder ó solicitado, e declara titular da concesión administrativa e da batea da que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a Mª Luisa Rodríguez Vieites.

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 9 de setembro de 1996.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José M. Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

7207