Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 14 de outubro de 1996 Páx. 9.067

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 29 de maio de 1996 pola que se declara alleable o inmoble sito na parroquia de Muxa, da cidade de Lugo, denominado Estación de Inspección Técnica de Vehículos.

A Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos Automóviles de Lugo solicitou á Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, a cesión do uso do inmoble coñecido como Estación de Inspección de Vehículos, sito na parroquia de Muxa (Lugo), para utilizalo como Centro para impartir cursos de capacitación profesional.

Co obxecto de posibilita-la cesión do dereito de uso do devandito inmoble á Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos Automóviles de Lugo, cómpre, segundo o disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, proceder á declaración da súa alleabilidade.

En virtude do anteriormente disposto,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Declárase alleable o inmoble coñecido como Estación de Inspección Técnica de Vehículos, sito na parroquia de Muxa (Lugo), composta na actualidade dunha nave de oficinas de 512 m e unha urbanización de 3.500 m, que se sitúan sobre unha parcela de aproximadamente 6.801 m de extensión superficial, que linda ó norte, Domingo Sánchez e outros; ó sur, herdeiros de Doel; ó leste, Jesús Fidalgo e ó oeste, estrada.

2. O inmoble descrito no parágrafo anterior atópase inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Lugo, no tomo 749, libro 336, folio 217, predio 24.708, inscrición 3ª.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1996.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

7159