Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 14 de outubro de 1996 Páx. 9.067

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001207/1996, interposto por Francisco Javier Cardalda Valeiro.

Con data 16 de setembro de 1996, o Comité Galego de Disciplina Deportiva recibe da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/0001207/1996, interposto por Francisco Javier Cardalda Valeiro contra resolución do Comité Galego de Disciplina Deportiva do 18 de xullo de 1996 pola que se declara incompetente para resolver, sobre descenso da categoría de árbitro de baloncesto do recorrente.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta deta e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

7236