Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 14 de outubro de 1996 Páx. 9.066

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 3 de outubro de 1996 pola que se clasifica como formativo-ocupacional a Fundación (Forga) para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galicia.

Visto o expediente de clasificación da Fundación (Forga) para a Orientación Profesional Emprego e Formación en Galicia, con domicilio en Vigo.

Supostos de feito.

1. Xesús Ramón González Boán, na súa calidade de representante da Confederación Intersindical Galega, en escrito de nove de xullo de 1996, formulou solicitude de clasificación dela para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Vigo, o día catro de xullo de 1996, ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña, Alfonso Emilio Rodríguez Sánchez co número dous mil trescentos setenta e sete do seu protocolo por Fernando Roberto Acuña Rúa, Manuel Mera Sánchez, Luis Burgos Díaz, Xesús Ramón González Boán, Xesús Eladio Seijo Fernández, Xosé Lois Romero Falque, en nome e representación do sindicato Confederación Intersindical Galega.

3. Segundo consta no artigo 3 dos seus estatutos, os fins da fundación son entre outros fomenta-lo estudio e a investigación en materia de formación profesional e social dos traballadores en Galicia, colaborar no estudio de necesidades de formación e cualificación dos traballadores de Galicia, en función das demandas sociais, o desenvolvemento rexional, tecnolóxico e económico.

4. O padroado da fundación estará constituído por Fernando Roberto Acuña Rúa, Manuel Mera Sánchez, Xesús Ramón González Boán, Luis Burgos Díaz, Xesús E. Seixo Fernández e Xosé Lois Romero Falque.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como formativo-ocupacional da Fun

dación (Forga) para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galicia, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como formativo-ocupacional e a súa adscrición á Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola comisión de secretarios xerais na súa reunión do día dezaséis de setembro de 1996.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como formativo-ocupacional a Fundación (Forga) para a Orientación Profesional, Emprego e Formación en Galicia e adscribila á Consellería de Familia, Muller e Xuventude que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

7135