Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 11 de outubro de 1996 Páx. 9.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1996 pola que se anuncia concurso de anteproxectos para a rehabilitación e mellora dos espacios e instalacións do Xardín do Posío.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: área de infraestructuras, Negociado de Vías.

1.3. Número de expediente: 418/1996 (Ref. 978).

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: concurso para a selección dun anteproxecto que sirva de base ó correspondente proxecto para a execución da obra de rehabilitación e mellora dos espacios e instalacións do Xardín de Posío.

2.2. Documentos que se poñen a disposición dos concursantes: plano topográfico, plano de actuación e listado de especies arbóreas.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Trámite: ordinario.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

4.1. Entidade: área de infraestructuras, Negociado de Vías.

4.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

4.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4.4. Teléfono: 38 81 33.

5. Requisitos.

Non estar incurso o concursante nin ningún membro do seu equipo, nin a persoa xurídica que participe no beneficio en causa de prohibición, incapacidade ou incompatibilidade para contratar coa Administración segundo a lexislación vixente e as determinacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Presentación de proposicións.

6.1. Prazo de presentación de proposicións: 60 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o anuncio no BOP ou no DOG, de 9 a 13 horas.

6.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no artigo 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello de Ourense, sito na Praza Maior, nº 1.

6.4. Prazo de vinculación da proposición: tres meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

7. Apertura das ofertas.

7.1. Entidade: concello de Ourense, no salón de sesións.

7.2. Enderezo: Praza Maior, nº 1.

7.3. Localidade: Ourense.

7.4. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións, ás 12.30 horas.

8. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 17 de setembro de 1996.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente