Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 11 de outubro de 1996 Páx. 9.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

REMODELACIÓN da praza de abastos deste concello.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 30 de setembro, prestou a súa aprobación ó proxecto técnico da obra de remodelación da praza de abastos. Este proxecto exponse ó público, na secretaría do concello, por un prazo de quince días hábiles, para os efectos do seu exame e reclamacións.

Supeditado a que non se produzan reclamacións, anúnciase o concurso para a contratación destas obras, conforme o seguinte:

1. Entidade adxudicataria.

Concello de Monforte de Lemos.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: remodelación da praza de abastos, conforme o proxecto técnico.

b) Lugar de execución: Monforte de Lemos.

c) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe: 57.140.000.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento.

Definitiva: 4% da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Monforte de Lemos.

b) Código postal: 27400.

c) Teléfono: 40 24 80.

d) Telefax: 40 48 12.

e) Fecha límite de obtención de documentos e información: un día antes de finalización do prazo de licitación.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: tódolos subgrupos do grupo C) categoría d).

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación: a esixida nos pregos de condicións.

c) Lugar de presentación: secretaría do concello.

9. Apertura de plicas.

a) Data: o terceiro día hábil, despois de finalizado o prazo de presentación.

b) Hora: trece horas.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Monforte de Lemos, 1 de outubro de 1996.

Nazario Pin Fernández

Alcalde

7342