Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 11 de outubro de 1996 Páx. 9.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1996, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 1/1996 que ten por obxecto a adquisición de marcapasos e accesorios.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato de subministración.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro a Catabois, s/n en Ferrol.

c) Número de expediente: 1/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de marcapasos e accesorios.

c) Lotes:

Lote 1: marcapasos DDD e electrodos.

Lote 2: marcapasos DDDR e electrodos.

Lote 3: marcapasos SSI e electrodos.

Lote 4: marcapasos SSIR e electrodos.

Lote 5: marcapasos DDD + SIR e electrodos.

Lote 6: marcapasos VVI e electrodos.

Lote 7: marcapasos VDDR e electrodos.

Lote 8: electrodo marcapasos temporal 4 F.

Electrodo marcapasos temporal NBIH 6F.

Lote 9: introductor marcapasos.

d) Anuncio de licitación publicado no DOG nº 86, do xoves 2 de maio de 1996 e no BOE nº 94, do xoves 18 de abril de 1996.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 34.261.545 ptas. (trinta e catro millóns dúascentas sesenta e unha mil cincocentas corenta e cinco ptas., IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 12 de xuño de 1996.

b) Contratistas:

-Lotes 1, 2, 3 e 7: Ciamsa Médica, S.L.

R/ Almogavers, 180. 8018 Barcelona.

Importe: 24.003.800 ptas.

-Lotes 4 e 5: Hortas Suministros, S.L.

Polígono del Tambre, nave 86, 15980 Santiago de Compostela.

Importe: 5.410.000 ptas.

-Lotes 6 e 9: Medtronic Ibérica, S.A.

Urbanización Dos Regos, E-23, Oleiros (A Coruña).

Importe: 3.880.470 ptas.

-Lote 8: Bard de España.

Acequia 1 Esc. Dta. 1ª planta, 28043 Madrid.

Importe: 882.000 ptas.

c) Nacionalidade: española.

d) Orzamento total: 34.176.270 ptas.

Ferrol, 12 de xuño de 1996.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

7127