Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 11 de outubro de 1996 Páx. 9.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1996 pola que se cancela a acreditación de laboratorio de ensaios para o control da calidade da construcción a Laboratorio del Noroeste, S.A. (Labornosa), con domicilio na estrada N-VI p.k. 525,5 27373 Pacios-Begonte (Lugo).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 411/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do LACACE conforme establecen os artigos 12.g e 20.a do Decreto 108/1991, do 27 de marzo (DOG do 12 de abril), esta dirección resolveu,

Cancelar, a petición propia, a acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorio de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Laboratorio del Noroeste, S.A. (Labornosa), con domicilio na estrada N-VI p.k. 525,5 27373 Pacios-Begonte (Lugo) na área de:

-HF, área de control de formigón fresco, co número 15049HF95.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 1996.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

7126