Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 11 de outubro de 1996 Páx. 9.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 18 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución dos procedementos sancionadores de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres 96/0019 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la resolución do procedemento sanciona

dor por infraccióin da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2 de Caixa Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes, contado, igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 18 de setembro de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

-Expediente sancionador número: 96/0019.

Denunciado: Luis Julián Díaz García.

DNI: 46.901.669.

Último enderezo coñecido: María Pita, nº 1-1º Esq. A Coruña.

Feitos imputados: acampar en lugar prohibido.

Lei 4/1989 CEN. Tipificación infracción:

Artigo infrinxido: 38.3º.

Cualificación infracción: leve.

Sanción imposta: 15.000 ptas.

-Expediente sancionador número: 96/0020.

Denunciado: Eneke Díaz García.

DNI: 46.901.670.

Último enderezo coñecido: María Pita, nº 1-1º Esq.

Feitos imputados: acampar en lugar prohibido.

Lei 4/1989 CEN. Tipificación infracción:

Artigo infrinxido: 38.3º.

Cualificación infracción: leve.

Sanción imposta: 15.000 ptas.

-Expediente sancionador número: 96/0061.

Denunciado: J. Alejandro Míguez Montero.

DNI: 36.093.112.

Último enderezo coñecido: r/ Pilar nº 3, Vigo.

Feitos imputados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.

Lei 4/1989 CEN. Tipificación infracción:

Artigo infrinxido: 38.13º.

Cualificación infracción: leve.

Sanción imposta: 15.000 ptas.

7079