De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE nº 74 do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberanse emprega-los impresos normalizados que serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.
De non efectua-lo pagamento voluntario, disporá o interesado dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.
Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.
O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).
A Coruña, 27 de agosto de 1996.
Beatriz Rodríguez Fraga
Instructora
ANEXO
Procedemento sancionador número: 96/0009.
Denunciado: Gerardo González Sánchez.
Último enderezo coñecido: Baro Toudido 9-Canido. Vigo-Pontevedra.
Feitos imputados: circular fóra das pistas e itinerarios permitidos dentro do parque natural de Corrubedo.
Lei 4/1989 CEN. Tipificación da infracción:
Artigo infrinxido: 33.13º.
Cualificación da infracción: leve.
Sanción proposta: 15.000 ptas.
7040