Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 11 de outubro de 1996 Páx. 9.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/139-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1996, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A..

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Xestoso.

Situación: Lousame e Rois.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 803 m de lonxitude en conductor Al tipo LA-56, que parte da L.M.T. Augasantas-Cabaleriza (expediente 51326) e final no C.T. para construír no lugar de Xestoso de 50 kVA a 20 kV, B.2. Concellos de Lousame e Rois.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de setembro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9607112