Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 11 de outubro de 1996 Páx. 9.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 316/1996 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica L.M.T. Sárdoma-Cela II coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: tramo I-Sárdoma-Deriv. universidade, desde unha torre metálica s/n da L.M.T. DC saída: Sub. Sárdoma

ata un apoio existente de onde sae a L.M.T. derivación universidade. Tramo II-Deriv. universidade-Marcosende e Zamáns-Cela II, desde un apoio de formigón existente Deriv. universidade ata un apoio existente da Deriv. a Marcosende e desde a Deriv. ó C.T. Zamáns ata unha torre metálica existente Deriv. Cela II, concello de Vigo.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: tramo I-L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 5,302 km de lonxitude, con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón. Tramo II-L.M.T., aérea núa, de 1,291 km de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón.

Orzamento: 24.496.816 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 4 de setembro de 1996.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7017