Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 11 de outubro de 1996 Páx. 9.042

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1996, do tribunal número un, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), pola que se resolven as reclamacións correspondentes ó primeiro exercicio da fase de oposición e se revisan de oficio as puntuacións outorgadas.

Unha vez estudiadas as reclamacións presentadas e revisada a corrección inicialmente realizada, ó se detectaren erros nela materiais, este tribunal acorda facer pública unha nova lista de cualificacións correspondentes ó primeiro exercicio da fase de oposición, que substitúe e deixa sen efecto a anteriormente publicada.

A nova lista atópase exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións pro

vinciais, na Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Vigo, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e no Coliseum da Coruña.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é (902) 12 00 12 en horario das 9 ás 19 horas, de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1996.

Víctor Manuel Vázquez Seijas

Presidente do tribunal número 1

7356