Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 11 de outubro de 1996 Páx. 9.042

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1996, dos tribunais designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo de Administración da Xunta de Galicia (grupo C), convocado por Orde do 26 de decembro de 1995 (DOG número 8, do 11 de xaneiro de 1996), polo que se ordena a publicación do acordo adoptado na sesión celebrada na mesma data desta resolución, sobre o sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do segundo exercicio do dito proceso selectivo.

Na sesión celebrada o día 30 de setembro de 1996 polos tribunais designados para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo administrativo da Administración da Xunta de Galicia (grupo C), convocado pola Orde do 26 de decembro de 1995, acordouse, de conformidade co disposto nas bases II.3.3 e II.3.4 da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición se celebrará o día 18 de outubro de 1996, comenzando ás 11 horas da mañá no Coliseum da Coruña, sito na Avda. Alfonso Molina, s/n, abríndose as portas ó lugar de acceso para realización do exame ás 10 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos do DNI e bolígrafo ou pluma estilográfica.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1996.

Jaime Bouzada RomeroManuel Antonio Silva Romero

Presidente do tribunal número 1Presidente do tribunal número 2

José Antonio Fernández VázquezMª Teresa Rey Barreiro-Meiro

Presidente do tribunal número 3Presidente do tribunal número 4

Emilio Álvarez Rey

Presidente do tribunal número 5

7438