Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 9.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/121-2-4598 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Castro.

Situación: Carballedo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 211 metros sobre apoios de formigón. Tres centros de transformación de 160 kVA o de Castro; 100 kVA o de Portugalete e de 1.030 kVA o de Barco, cunha relación de 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión con conductor R.Z.-0,6/1kV-3x95x150 mm Al, cunha lonxitude de 287 metros sonre postes de formigón, para mellora do servicio eléctarico en Castro, concello de Carballedo.

Orzamento: 7.187.444 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 18 de xullo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9643