Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 9.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/120-2-4596 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., Veiguiña-estrada Chantada.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con conductor R.H.V./150, cunha lonxitude de 550 metros, para mellora do servicio eléctrico en Veiguiña, estrada de Chantada, concello de Monforte de Lemos.

Orzamento: 9.853.424 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 15 de xullo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9642