Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 9.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente S.X.P.A. IN407A 96/117-2-4593 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Saénz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Labagueira, Dorra e Ermora.

Situación: Palas de Rei.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mmAl, cunha lonxitude de 2020 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V ± 2,5%, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95,

cunha lonxitude de 90 metros, para mellora do servicio eléctrico en Labagueira, Dorra e Ermora, concello de Palas de Rei.

Orzamento: 6.436.319 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 12 de xullo de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6939