Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Fontes.
Situación: Ribas de Sil.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 54,6 mmAl, cunha lonxitude de 427 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre apoio de formigón. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-25, cunha lonxitude de 85 metros, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Fontes, concello de Ribas de Sil.
Orzamento: 4.325.713 ptas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.
Lugo, 12 de xullo de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
6938