Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 09 de outubro de 1996 Páx. 8.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle na rúa Frián, en Teis (3899/411).

O Pleno deste Concello, en sesión do 12 de setembro de 1996, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle na rúa Frián (Teis) formulado por Fernando Rodríguez Otero e demais propietarios do ámbito e redactado polos arquitectos Castro e Alonso, con visados do COAG con datas 29-12-1995, 22-3-1996 e 23-4-1996, e a delimitación dunha unidade de execución referida ó mesmo ámbito, para o que se fixa como sistema de actuación o de compensación, consonte cos informes do expediente administrativo municipal número 3899/411.

Segundo.-Somete-lo expediente a exposición pública durante o prazo de quince días mediante a publicación de anuncios no DOG, BOP, taboleiro oficial de edictos da Casa do Concello e nun xornal dos de maior circulación da provincia, con notificación persoal ós propietarios do ámbito.

Terceiro.-Sinalar como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito e cos segintes límites: norte, rúa Frián; sur, edificio Fenosa; leste, zona verde; e oeste, rúa Frián.

O que se fai público para xeral coñecemento, coa indicación de que a documentación está ó dispor dos interesados na oficina municipal de información (planta baixa da Casa do Concello) para exame e alegacións.

Vigo, 23 de setembro de 1996.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

9606710