Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 09 de outubro de 1996 Páx. 8.980

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

APROBACIÓN inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento urbanístico de San Cibrao das Viñas, sector urbano (terciario) do polígono de Barreiros-proposta de nova delimitación.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 26 de agosto de 1996, presentoulle a súa aprobación con carácter inicial á modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento urbanístico de San Cibrao das Viñas, sector urbano (terciario) do polígono Barreiros-proposta de nova delimitación.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, para o seu exame e reclamacións polos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 114 do R.D.L. 1/1992, que aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana.

O prazo contarase a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG.

Como consecuencia da mencionada aprobación inicial, quedan suspendidas as licencias de parcelacións de terreos, edificación e demolición nas zonas afectadas pola modificación.

San Cibrao das Viñas, 27 de agosto de 1996.

O alcalde en funcións

Rubricado

7292