Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 09 de outubro de 1996 Páx. 8.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Asistencia técnica estudio de planeamento da situación viaria transfronteriza e comunicación alternativas entre A Guarda e Baltar.

Adxudicatario: Iceacsa.

Orzamento: 13.636.600 ptas.

-Asistencia técnica ás expropiacións de alargamento e mellora da estrada AC-103. Treito: Felgosas Somozas.

Adxudicatario: Estudios del Noroeste, S.A.

Orzamento: 3.086.951 ptas.

-Asistencia técnica voo, apoio de campo e restitución analítica da obra de novo trazado da estrada OUR-402. Treito: Ourense-Castrelo.

Adxudicatario: Topogal, S.L.

Orzamento:5.107.480 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notificase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en un prazo de 2 meses contados dende o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 de la Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

6977