Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 09 de outubro de 1996 Páx. 8.971

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

EDICTO do 11 de xuño de 1996, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se fai pública a notificación a Josefa León Martínez e outros do cumprimento de formalización do depósito.

Non sendo atopada no domicilio coñecido por esta Delegación de Economía e Facenda e, por conseguinte, sen poder levar a efecto a notificación pretendida á contribuínte que de seguido se relaciona, de acordo co previsto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle para que, no prazo de 10 días a partir do seguinte ó da publi

cación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, formalice na sucursal do Banco de España na Coruña o depósito de honorarios solicitado polo perito terceiro e polo concepto que, así mesmo, se detalla:

Concepto: taxación pericial contradictoria, expediente: 566/1991 (O.L. Ferrol).

Contribuínte: Josefa León Martínez e outros.

Enderezo: r/ Benito Gutiérrez, 27, 28008 Madrid.

Importe depósito: 22.605 pesetas.

Calquera dato ou antecedente que considere necesario a contribuínte poderá solicitarse, no prazo anteriormente sinalado, na secretaría da delegación para coñecemento íntegro do mencionado acto e constancia de tal coñecemento.

Advírteselle que a falta de depósito no indicado prazo suporá, de acordo cos artigos 52 da Lei xeral tributaria, o 20.8º do Regulamento xeral de recadación e o 121.8º, parágrafo 2º, do Regulamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, e demais normas do imposto:

-A aceptación da valoración realizada polo perito da Administración.

-Darase por finalizado o expediente de taxación pericial contradictoria, sen máis trámite.

-Deberase ingresa-lo importe do imposto, liquidándose os xuros de demora.

-Reiniciarase o prazo para a interposición do recurso de reposición ou reclamación económica administrativa.

A Coruña, 11 de xuño de 1996.

Jaime Cabeza Gras

Delegado territorial da Coruña

7020