Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 24-7-1996, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación definitiva ó proxecto de modificación puntual do P.X.O.U. con destino á recualificación da parcela sita entre a Avda. de Augusto García Sánchez e rúas Xeneral Antero Rubín e Gagos de Mendoza trala Audiencia Provincial, con destino á construcción dun aparcamento subterráneo e praza pública en superficie, documento formulado por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe do Servicio Municipal de Xestión e Disciplina Urbanística.

Segundo.-Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia, con comunicación ás entidades interesadas e traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados, dispoñéndose a publicación das normas e ordenanzas da modificación no BOP establecido na Lei 39/1984, do 30 de decembro, pola se modifica o artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida interpoñer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Pontevedra, 6 de setembro de 1996.

José Benito Suárez Costa

Alcalde Acctal.

Julio Dapena Outomouro

Secretario xeral