Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.952

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-255).

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 28 de xuño de 1998, acordou admitir a trámite a solicitude de formulación dun programa de actuación urbanística por instancia de Luis García López (en representación de IRCO, S.A.), José, Collazo Mato, Eliseo-Gustavo García Martínez, e José Rodríguez Soto; que levará aparellada a redacción

do correspondente plan parcial, para o ámbito clasificado como, solo urbanizable non programado S.U.M.P. D-15-R, pola revisión do P.X.M.O., e sito en Romardeiro-Liáns.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará a disposición de todo aquel que queira examinalo, podéndose face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborables.

Oleiros, 12 de setembro de 1996.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

7053