Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 setembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto das obras de restauración da cuberta vexetal (2628) e dúas máis.

Por Resolución do 6 de xuño de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlle-las obras ás empresas:

1. Restauración da cuberta vexetal e control da erosión en zonas especialmente degradadas da rede hidrográfica do norte de España mediante repoboación de 156 has nos montes do T.M. de Navia de Suarna (2628).

Forestación y Repoblación, S.A., importe de adxudicación: 47.245.477 pesetas.

2. Construcción dun camiño forestal no monte Valia de Oural e San Formar no municipio de Negueira de Muñiz (Lugo) (2635).

Eulen, S.A., importe de adxudicación: 8.450.000 pesetas.

3. Construcción dun camiño forestal no monte Saa no municipio da Pobra de Brollón (Lugo) (2636).

Projari del Medio Natural, S.L. (Primen), importe de adjudicación: 7.955.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

6902