Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 1996, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da concentración parcelaria de Albarellos-Vilaza (Monterrei-Ourense).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Albarellos-Vilaza (Monterrei-Ourense), declarada de utilidade pública e interese social a urxente execución da zona polo decreto da Xunta de Galicia nº 187/1993, do 29 de xullo (Diario Oficial de Galicia nº 156, do 16 de agosto de 1993), que a xunta local da zona, na súa reunión do 11 de setembro de 1996, decidiu aproba-las bases definitivas da zona, correspondente ás terras das parroquias de Albarellos e Vilaza, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Monterrei e nos lugares de costume das parroquias durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no diario de maior circulación desta, de conformidade co establecido no artigo 36 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia.

Os documentos, que se poden examinar nos locais sinalados refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e excluídas e relación destas), á clasificación das terras e fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurí

dicas, das que se declara formalmente a titularidade.

Contra estas bases os interesados poden, interpoñe-lo recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro do prazo dos trinta días sinalados, neste Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (rúa Curros Enríquez, 1-6º, Ourense), ou nas oficinas centrais da consellería (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), así como en calquera das dependencias a que se refire o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo. Para este efecto deberán expresar no escrito no que se promova a reclamación, un domicilio dentro do termo municipal de que se trate e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérselle as notificacións.

Ourense, 11 de setembro de 1996.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural

6863