Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 07 de outubro de 1996 Páx. 8.906

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1996 de adxudicación de dúas bolsas para a formación de expertos en sistemas de indicadores estatísticos.

O director do Instituto Galego de Estatística, ó abeiro do disposto na base sexta da Resolución do 27 de xuño de 1996 pola que se anuncia a convocatoria pública de dúas bolsas para a formación de expertos en sistemas de indicadores estatístico, vista a proposta de adxudicación que formula a comisión de valoración,

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlle-las dúas bolsas ás aspirantes que se relacionan na orde que segue:

-Solmary Silveira Calviño.

-Mª Graciela Estévez Pérez.

e designar como suplentes ós aspirantes que se relacionan na orde que segue:

-Carmen Vilanova Fernández.

-Javier Roca Pardiñas.

-Nuria Aguilar Vázquez.

-Ana Pérez González.

Segundo.-De acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a presente resolución de adxudicación pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da data de notificación efectiva ós interesados.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 1996.

J.A. Campo Andión

Diorector do Instituto Galego de Estatística

7179