De conformidade co disposto nos artigos 48.1 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49, 50 e 51 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, esta delegación acorda sinala-lo día 24 de outubro de 1996 ás 12 horas, para que polo pagador da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. beneficiaria deste proceso expropiatorio se proceda diante do representante desta delegación e do alcalde e secretario nas oficinas da Casa Consistorial de Ordes, ós pagos dos determinados prezos xustos polo Xurado Provincial de Expropiación, e xuros, por imposición de servidumes de paso das instalacións da liña eléctrica a 15/20 kV desde Mesón do Vento ata O Alto do Vilar, nos termos municipais de Ordes e Cerceda (Expte. 51612), ós titulares propostos das leiras afectadas ós que se lles dirixa notificación individual para o efecto, e contidas neste proceso expropiatorio e na relación que se expón no taboleiro de edictos do citado concello.
A Coruña, 10 de setembro de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
1408