Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 04 de outubro de 1996 Páx. 8.875

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 1 de outubro de 1996, do tribunal número 1 dos designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), polo que se convoca para o comezo da lectura do segundo exercicio.

En sesión celebrada o día 18 de setembro do ano que corre, o tribunal número 1 dos designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), convocadas pola Orde do 26 de decembro de 1995 (DOG do 11 de xaneiro de 1996), acordou convoca-los opositores que, de seguido se relacionan, para que comparezan o próximo día 8 de outubro, ás 17.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública (polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela), para efectos de dar comezo á lectura do segundo exercicio do devandito proceso selectivo:

-Rey Grande, Víctor.-Rodríguez Álvarez, Dionisio.

-Rodríguez Amaya, Mª Dolores.-Rodríguez Hernández, Mª del Carmen.-Vázquez González, Manuel María.

De conformidade coas bases II.3.3 e II.3.4 da aludida orde da convocatoria, o chamamento será único, sendo excluídos do proceso selectivo os que non comparezan. Así mesmo, as sucesivas convocatorias para proceder á lectura do segundo exercicio, publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1996.

Joaquín López-Rúa Soler

Presidente do tribunal

7256