Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 04 de outubro de 1996 Páx. 8.866

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de l996, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración de ben de interese cultural, con categoría de lugar de interese etnográfico da festa do Corpus Christi de Ponteareas (provincia de Pontevedra).

Vista a solicitude realizada polo Concello de Ponteareas, en favor da declaración de ben de interese cultural,da festa do Corpus Christi.

Vistos os informes dos servicios técnicos desta dirección xeral, así como dos órganos consultivos, sendo uns e outros, favorables a incoación de expediente para a declaración de ben de interese cultural, con categoría de lugar de interese etnográfico, en favor do Corpus Christi de Ponteareas, festa tradicional que ten un grande valor histórico, artístico e etnográfico vinculado á elaboración das efímeras alfombras florais, cunhas raíces que se perden no pasado e que representa unha das tradicións máis sólidas vinculadas ó pobo de Ponteareas.

De acordo cos artigos 8 e 9 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Incoar expediente de declaración de ben de interese cultural, con categoría de lugar de interese etnográfico a festa do Corpus Christi de Ponteareas, provincia de Pontevedra.

Segundo.-Segui-la tramitación do expediente segundo as disposicións vixentes.

Terceiro.-De acordo co artigo 10 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, comunicaráselle ó Concello de Ponteareas, abríndose un periodo de información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a súa publicación no DOG.

Cuarto.-Así mesmo comunicaráselle ó Rexitro de Bens de Interese Cultural do Ministerio de Educación e Cultura, e ó Registro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Quinto.-Que a presente resolución sexa publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1996.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

4757