Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 03 de outubro de 1996 Páx. 8.839

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de setembro de 1996 pola que se autoriza a inclusión da escala de música privada Estudio no rexistro de escolas de música e danza.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse en escolas específicas estudios de música ou de danza. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril de 1993) regula as condicións de creación e funcionamiento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outra parte o Decreto 232/1994, do 14 de xullo, no seu artigo 1º, establece que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

Presentada unha solicitude de inclusión no rexistro de escolas de música e danza, por Jesús Atanes López, dunha escola de música, os servicios competentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, comprobaron a efectividade do cumprimento dos requisitos esixidos na Orde do 11 de marzo de 1993.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.-A escola, os datos da cal se mencionan a continuación, queda incluída no rexistro de escolas de música e danza.

Denominación específica: Estudio, escola de música.

Titular: Jesús Atanes López.

Domicilio: r/ Neira de Mosquera nº 7.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Segundo.-A escola de música citada queda sometida ó réxime de escolas de música e danza, segundo se establece na Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril de 1993), e á inspección académica correspondente.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Ordenación Educativa e Centros para dicta-las disposicións necesarias no desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

6839