Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 01 de outubro de 1996 Páx. 8.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 1996 pola que se anuncia o concurso público 9/1996, de procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración dunha máquina ensaio de impacto de péndulo, durómetro, accesorios para máquina ensaios Instron 5566 para a E.U. Politécnica de Ferrol. (Expediente 1030/1996 (II)).

Convócase concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración dunha máquina ensaio de impacto de péndulo, durómetro, accesorios para máquina ensaios Instron 5566 para a E.U. Politécnica de Ferrol.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministración por concurso público, pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do rectorado sita na r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres, e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, A Coruña de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións, ás 11 horas da mañá na Sala de Xunta da Xerencia; se este día coincide en sábado realizararse o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: catorce millóns cincocentas mil pesetas (14.500.000).

Garantía provisional: duascentas noventa mil novecentas pesetas (290.000).

A Coruña, 18 de setembro de 1996.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente

7070