Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 01 de outubro de 1996 Páx. 8.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1996, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración de aparellos cirúrxicos e de diagnóstico (C.P. 15/1996).

A Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración de aparellos cirúrxicos e de diagnóstico (C.P. 15/1996).

I. Obxecto e orzamento.

Contratación da subministración de aparellos cirúrxicos e de diagnóstico polo procedemento aberto, mediante concurso público (C.P. 15/1996) por un orzamento de:

-Lote I: videoendoscopio dixestivo, 9.500.000 ptas.

-Lote II: unidade de facoemulsificación, 7.500.000 ptas.

-Lote III: criostato para microtomía por conxelación, 2.700.000 ptas.

II. Prazo de entrega.

Máximo 15 días a partir da data de notificación da adxudicación.

III. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, Tlfno. (982) 58 99 07 e fax (982) 58 99 06, durante o prazo de admisión de proposicións.

IV. Admisión de variantes.

Admítense todo tipo de propostas que supoñan unha mellora no obxecto do contrato, sempre e cando se cumpra o estipulado nas prescricións técnicas.

V. Solvencia económica e financeira.

Deberá acreditarse por algún dos medios previstos no Art. 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

VI. Solvencia técnica.

Deberá acreditarse por algún dos medios previstos no Art. 18 da Lei de contratos das administracións públicas.

VII. Criterios de adxudicación.

-Calidade técnica: ata 5 puntos.

-Asistencia técnica: ata 5 puntos.

-Prezo: ata 5 puntos.

-Prazo entrega: ata 3 puntos.

VIII. Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación. A devandita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

IX. Clasificación.

Non se esixe.

X. Presentación das proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados ou asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

XI. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XII. Documentación que deberán presenta-los licitadores.

Os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

XIII. Anuncios.

O pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 13 de setembro de l996.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Hospital da Costa de Burela

7068