Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 30 de setembro de 1996 Páx. 8.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 1996, da Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e polo trámite de urxencia, para a adquisición de cinco monitores compactos (C.P. 3/1996).

A Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios

Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso e polo trámite de urxencia, para a adquisición de cinco monitores compactos (C.P. 3/1996).

I. Obxecto e orzamento.-A adquisición de cinco monitores compactos por un orzamento máximo de catro millóns cincocentas mil pesetas (4.500.000 ptas.)

II. Forma de adxudicación.-Procedemento aberto mediante concurso público polo trámite de urxencia.

III. Prazo de execución.-Inmediato a partir da data da notificación da adxudicación.

IV. Documentación de interese para os licitadores.-O prego de cláusulas administrativas técnicas, e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Secretaría da Dirección de Xestión do Hospital Comarcal, rúa Corredoira, s/n, 27400 Monforte de Lemos, teléfono (982) 41 79 18, fax (982) 40 40 06, en días laborables de 9 ata as 14 horas.

V. Fianzas.

-A fianza provisional será de 90.000 ptas., constituída nalgunha das formas que establece o artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

-A fianza definitiva será de 180.000 ptas., constituida nalgunha das formas que establece o artigo 37 da Lei de contratos das administracións públicas.

VI. Solvencia económica e financeira .-Deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artículo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

VII. Solvencia técnica.-Deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artogo 19 da Lei de contratos das administracións públicas.

VIII. Criterios de adxudicación.

-Precio: hasta 6 puntos.

-Características técnicas: hasta 6 puntos.

-Plazo de garantía: 1 punto.

IX. Clasificación.-Non se precisa.

X. Presentación das proposicións.-As proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do hospital, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG ou enviadas por correo. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (982) 40 40 06) ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

XI. Apertura das proposicións.-A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de

contratación, reunida en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección Médica do hospital, ás 12.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

XII. Documentación que deberán achega-los licitadores.-Deberán achega-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

XIII. Anuncios.-O pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do concurso.

Monforte de Lemos, 2 de setembro de 1996.

Eleuterio López Louzao

Director médico do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos

9607067