Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 30 de setembro de 1996 Páx. 8.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Galega de Actividades Subacuáticas Profesionais.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento de Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e estatutos da Asociación Galega de Actividades Subacuáticas Profesionais, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas maiores de idade que se dediquen ou estean relacionadas coas actividades subacuáticas e que dalgún xeito teñan interese en servir ós fins dela.

Asinan a acta de constitución: Juan Carlos Codesido Vilar e Antonio Aparici Bideganeta.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

7019