Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 30 de setembro de 1996 Páx. 8.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1996 pola que se convoca concurso público para a adquisición de diverso material mobiliario, con destino á Facultade de Ciencias no campus da Coruña, dependente desta consellería (expediente 2996).

Esta Consellería de Educación y Ordenación Universitaria resolveu convocar concurso público nº 2996 para a adquisición de diverso material mobiliario con destino á Facultade de Ciencias no campus da Coruña, dependente desta consellería.

1. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación, na forma que sinala a clásula 6.5.7ª do prego de cláusulas administrativas particulares, específico deste concurso.

2. Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da consellería, edificio San Caetano, Santiago de Compostela, e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos hai que dirixirse ó teléfono (981) 59 07 11. Santiago de Compostela.

3. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguiente ó da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial del Estado e rematará o 19 de novembro ás 14 horas.

4. Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na forma legalmente establecida.

5. Documentación que deberán presenta-los licitadores: a sinalada no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Apertura de proposicións económicas: realizarase o venres 22 de novembro a partir das 10 horas.

7. Prazo de execución: 1 mes.

8. Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

9. Orzamento de licitación: 60.000.000 de ptas.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1996.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

7003