Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 30 de setembro de 1996 Páx. 8.776

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1996 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de subministración de material mobiliario de despachos e laboratorios con destino á Escola Politécnica de Alimentaria de Ourense, dependente desta consellería (expediente 1496).

Pola Resolución do 25 de abril de 1996 aprobouse un gasto de 82.764.000 ptas., o prego de cláusulas administrativas particulares e a apertura do procedemento de adxudicación do contrato de subministración de diverso material mobiliario de despachos e laboratorios con destino á Escola Politécnica de Alimentaria de Ourense (expediente 1496).

Anunciouse a contratación da referida subministración no Diario Oficial das Comunidades Europeas, Boletín Oficial del Estado, Diario Oficial de Galicia, prensa e taboleiro de anuncios.

Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos das administracións públicas, así como os requisitos establecidos no prego de bases da contratación e demais lexislación vixente, reunida a mesa de contratación en data de 29 de xullo de 1996, e vistas as ofertas económicas así como o cumprimento das empresas e a valoración da comisión cualificadora, esta consellería,

RESOLVEU:

Primeiro.-Adxudica-la mencionada contratación da seguinte forma:

Nº de lote materialImporte

**Empresa Burdiñola16.026.400

3 vitrinas de gases

**Empresa Federico Giner4.549.400

1 mobiliario despachos

**Empresa Romero47.548.788

***Total***68.124.588

Segundo.-O prazo de execución será de 1 mes contado a partir de notificación da adxudicación.

Terceiro.-As empresas adxudicatarias deberán cumpri-las obrigas previas á formalización do correspondente contrato, esixidas pola cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Cuarto.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 1996.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

7023