Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 30 de setembro de 1996 Páx. 8.757

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Unión Cristalera, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia da empresa Unión Cistalera, S.A., que se suscribiu coa data do 1 de xullo de 1996, entre a representación da empresa e dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo Unión Cristalera, S.A.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

O presente convenio ten por obxecto rexe-las condicións de traballo entre a empresa Unión Cristalera, S.A. e o persoal incluído no ámbito del, de acordo co disposto no artigo seguinte.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a tódolos traballadores que presten servicio en Unión Cristalera, S.A.

Queda excluído do ámbito de aplicación do convenio o persoal que no organigrama da empresa, figure dentro da área directiva, salvo que expresamente solicite a súa inclusión en convenio.

O comité de empresa terá coñecemento do persoal excluído de convenio.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

As normas deste convenio serán de aplicación nos centros de traballo de Lugo, Ourense, Pontevedra,

Ferrol, Santiago de Compostela e naqueles que poidan crearse.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio terá una duración de 3 anos, comezando a súa vixencia, para tódolos efectos, o día 1º de xaneiro de 1996 e finalizando o 31 de decembro de 1998.

En 1º de xaneiro de 1999 considérase expresamente denunciado o presente convenio, aínda que non houbese comunicación escrita entre as partes, comezando a continuación as deliberacións dun novo convenio. Igualmente entenderase prorrogado o presente convenio ata tanto non se aprobe un novo acordo.

Artigo 5º.-Garantía persoal.

Cando algún traballador tivese recoñecidas condicións tales que, examinadas no seu conxunto, resultasen superiores ás que, para o persoal da mesma categoría, se establecen neste convenio, respectaranse as ditas condicións con carácter estrictamente persoal.

A dirección poderá conceder, a título individual, melloras nas retribucións pactadas, con previa comunicación escrita ós representantes dos traballadores.

Artigo 6º.-Absorción e competencia.

No suposto de que, durante o prazo de vixencia deste convenio, se acordasen por disposición legal condicións que, total ou parcialmente, afectasen as contidas nel, aplicaranse, en canto a absorción e compensación, as normas de carácter xeral actualmente vixentes ou as que se dicten no sucesivo, efectuándose, en calquera caso, o cómputo global anual para determina-las absorcións e compensacións que procedan.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

Ámbalas partes conveñen expresamente en que as normas fixadas no presente convenio serán aplicables en tanto teñan vixencia todas e cada unha delas, sen prexuízo do establecido en canto a revisión das condicións económicas.

Se algunha ou algunhas das normas pactadas fosen alteradas por disposicións legais, considerarase causa de revisión, a menos que as partes, de común acordo, renuncien expresamente á dita revisión.

Non se considerará alteración incluída para os efectos do establecido no parágrafo precedente o establecemento de novos salarios mínimos legais, na aplicación dos cales se observará o que dispoña a norma legal correspondente, en canto ós mecanismos de absorción e compensación, ou o xa sinalado no artigo 6º do convenio, de non haber disposición específica.

Artigo 8º.-Diferencias de interpretación.

Se entre as partes se suscitasen diferencias na interpretación e aplicación deste convenio, será a comisión paritaria, designada en protocolo anexo a el, a encargada de resolve-los desacordos existentes en reunións convocadas para tal fin por calquera das partes, con independencia do dereito de cada unha das partes de acudir ós organismos oficiais ou tribunais competentes, se o estimasen necesario.

Artigo 8º bis.-Comité de coordinación entre centros de traballo.

Constitúese un comité de coordinación entre tódolos centros de traballo de Unión Cristalera, S.A., que será elixido entre os representantes dos traballadores na seguinte proporción:

-Ferrol: 1.

-Santiago de Compostela: 2.

-Ourense: 1.

-Lugo: 1.

-Pontevedra: 1.

A este comité de coordinación recoñéceselle o dereito de intervir coa súa mediación, apoio e capacidade de negociación ante a empresa, en cantos asuntos afecten o conxunto dos centros de traballo de Unión Cristalera, S.A., afectados por este convenio, ou sexan de interese xeral.

Este comité reunirase trimestralmente, na primeira quincena dos meses de febreiro, maio, agosto e novembro, co obxecto de ser informado da marcha e situación económica da empresa, así como para tratar asuntos de interese xeral. Excepcionalmente, reunirase a petición da maioría simple dos seus compoñentes.

De entre os seus membros, nomeará un secretario que terá funcións de coordinación, redactará actas e en xeral terá as atribucións que o Estatuto dos traballadores lles recoñece ós secretarios dos comités de empresa.

Os membros deste comité serano en tanto en canto conserven a súa condición de representantes dos traballadores nos seus respectivos centros de traballo.

Capítulo II

Contratación e organización

Artigo 9º.-Vacantes en postos de traballo.

Cando se produza a vacante nun posto de traballo, terán preferencia para ocupala os traballadores do cadro de persoal na empresa, sempre que cumpran os requisitos de validez para o citado posto, para o cal os candidatos se someterán ó exame de suficiencia necesario.

Se non fose posible a ocupación da vacante por este sistema, terán preferencia os fillos dos traballadores da empresa, os cales figurarán na oficina de emprego.

A dirección, en calquera dos casos, admitirá observadores nomeados polos representantes dos traballadores nos tribunais examinadores e cualificadores.

Exceptúase desta norma xeral a contratación do persoal cualificado para postos de responsabilidade e confianza da empresa, que será de facultade exclusiva da dirección.

Artigo 10º.-Períodos de proba do novo persoal contratado e dereitos.

O período de proba para o persoal de novo ingreso axustarase ós seguintes valores máximos:

a) Técnicos titulados: 6 meses.

b) Traballadores cualificados: 3 meses.

c) Traballadores non cualificados: 15 días laborais.

Unha vez finalizado o período de proba coa conformidade de ámbalas partes, o traballador será dado de alta como fixo na empresa e recoñeceráselle automaticamente a categoría que corresponda ó posto de traballo que ocupe, computándolle o período de proba para efectos de antigüidade.

Artigo 11º.-Organización do traballo.

Os representantes dos traballadores recoñecen que, no contexto económico vixente hoxe en España, é facultade exclusiva da empresa a organización do traballo. Os traballadores serán informados a través dos seus representantes.

Artigo 12º.-Organigrama.

O organigrama reflectirá as relacións xerárquicas e funcionais en cada centro de traballo, deberá estar permanentemente exposto en lugar preferente e rectificado convenientemente cando haxa algunha alteración na escala de mando.

Artigo 13º.-Traslados.

En caso de traslado dun traballador a outro centro de traballo que supoña cambio de residencia, precisarase a previa negociación e voluntaria aceptación do traballador afectado, baixo a supervisión dos representantes dos traballadores, se así o solicita o interesado.

Artigo 14º.-Garantía do posto de traballo.

A categoría que teña recoñecida un traballador non poderá ser rebaixada, a pesar de que transitoriamente ocupe un posto de inferior categoría.

Artigo 15º.-Traballos de categoría superior.

Nos casos de perentoria necesidade e por prazo que non exceda de 3 meses, o persoal incluído no ámbito deste convenio poderá ser destinado a ocupar un posto de cualificación superior, percibindo, mentres se encontre nesta situación, a remuneración correspondente á función que efectivamente desempeña. Este cambio seralle comunicado ó traballador por escrito.

Desaparecidas as causas que motivaron a necesidade, o traballador volverá ó seu posto de orixe coa retribución asignada ó mesmo e sen dereito a consolida-la categoría do posto que ocupou transitoriamente, facéndoo constar no seu expediente persoal.

Se o prazo de ocupación do posto de superior categoría excedese de 3 meses de forma ininterrompida, de 6 meses de forma alterna durante un ano, o de 12 tamén de forma alterna durante 3 anos, adquirirase automaticamente a categoría do posto superior desempeñado.

O disposto neste Artigo non será de aplicación nos casos de substitución por incapacidade laboral transitoria, permisos ou vacacións. Nestes últimos supostos, a substitución comprenderá todo o tempo que duren as circunstancias que a motivaron, sen que outorgue dereito á consolidación do posto, pero si á percepción da diferencia económica e a que iso conste no expediente persoal.

Exceptúase de todo o anteriormente disposto os traballos de categoría superior que o traballador realice, de acordo coa empresa, co fin de prepararse para a súa promoción ou ascenso. Igualmente exceptúanse os casos de substitución por servicio militar e excedencia forzosa, pero, nestes casos, adquirirase prioridade absoluta para cubri-la primeira vacante da categoría en que se exerceu a substitución.

Artigo 16º.-Traballos de categoría inferior.

A empresa, por necesidades perentorias, transitorias e imprevisibles, poderá destinar a un traballador a realizar misións de cualificación inferior á que teña reconocida e este non poderá negarse a efectua-lo traballo encomendado, sempre que iso non prexudique notoriamente a súa formación profesional e non haxa outra persoa de categoría correspondente ó traballo a realizar. O traballador seguirá percibindo o salario e demais emolumentos que, pola súa cualificación e función anterior, lle corresponda, de conformidade co disposto no artigo 15º.

Artigo 17º.-Readmisión de despedidos.

A empresa comprométese a readmitir, con tódolos seus dereitos, ós traballadores sobre os que recaia sentencia de despedimento improcedente ou nulo, salvo que existan razóns suficientes a xuízo da dirección e dos representantes dos traballadores.

Informarase ós representantes dos traballadores das sancións que poidan impoñérselle ó persoal incluído no presente convenio.

Artigo 18º.-Censo do persoal.

A empresa confeccionará anualmente o censo completo dos traballadores de Unión Cristalera, S.A., coas súas categorías e data de cálculo de antigüidade antes do 30 de marzo de cada ano.

Artigo 19º.-Documentación a disposición dos traballadores.

A empresa terá, á disposición dos representantes dos traballadores, tódolos documentos de exhibición obrigatoria, na oficina de persoal. Cada traballador poderá unicamente ter acceso á información que lle afecte persoalmente.

Artigo 20º.-Recoñecementos médicos.

A empresa continuará os recoñecementos médicos anuais realizados no pasado ano a todo o persoal, en tanto se manteñan as circunstancias que permitiron a súa realización. Se cambiasen estas, efectuará as xestións necesarias para procurar estes recoñecementos por outros medios.

Capítulo III

Condicións de traballo

Artigo 21º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para tódolos traballadores incluídos no presente convenio será de 1.792 horas anuais, distribuídas de acordo co especificado nos cadros horarios de traballo aprobados pola Consellería de Traballo.

O citado total obtívose deducindo do total anual de horas o período de vacacións e os días de festas nacionais e locais establecidos legalmente.

Os axentes de vendas, durante a xornada de verán, adaptarán o seu horario ás necesidades da súa xestión comercial.

Artigo 22º.-Entrada e saída do traballo.

Enténdese que aqueles traballadores que deben desempeña-lo seu labor en obras ou en locais exteriores á factoría dentro da praza, comezarán e finalizarán a súa xornada precisamente neses lugares e non na propia factoría, excepto o luns á entrada e o venres á saída.

Para as obras de fóra de praza, procederase de acordo coa lexislación vixente.

Artigo 23º.-Festas.

Celebraranse as festas de carácter nacional que figuren no calendario anual de festas non laborables, aprobado cada ano polo Ministerio de Traballo. Igualmente serán non laborais ata dous días anuais que en cada municipio fixará a autoridade competente como festas locais.

Todas elas terán carácter de retribuídas e non recuperables.

Artigo 24º.-Vacacións regulamentarias.

1. O período de vacacións anuais para todo o persoal afectado por este convenio será de 23 días laborables.

A consideración de día laborable virá determinada polo calendario que para cada modalidade de horario se establecese previamente, calquera que sexa o número de horas/día que o integren.

O desfrute das vacacións será obrigatorio e por ningún motivo serán retribuídas. Os comités e delegados de persoal, se é o caso, velarán para que se cumpra taxativamente este apartado.

No poderán acumularse vacacións dun ano para outro.

O persoal de novo ingreso desfrutará, antes do 31 de decembro do ano do seu ingreso, a parte proporcional que lle corresponda polos meses comprendidos entre a data do seu ingreso e o 31 de decembro, computándose a fracción como mes completo.

En caso de cesar antes de desfruta-lo período de vacacións aboarase a parte proporcional dos non desfrutados.

De igual modo, se o cesamento se producise después de desfruta-las vacacións, reterase da liquidación o importe dos días desfrutados non devengados.

2. Períodos de desfrute de vacacións e bonificacións:

Considérase como período normal para o desfrute das vacacións o comprendido entre os meses de xuño e setembro (ambos inclusive).

Co obxecto de estimula-lo desfrute voluntario de vacacións fóra da época estival e desconxestionar así o previsible masivo interese por desfrutalas no considerado período normal, establécense as seguintes bonificacións:

-Persoal que desfrute as súas vacacións os meses de maio e outubro: 1 día laborable de bonificación.

-Persoal que desfrute as súas vacacións os meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril, novembro e decembro: 2 días laborables de bonificación.

Para ter dereito ás bonificacións establecidas no apartado anterior, será condición indispensable que as vacacións se desfruten de maneira continuada dentro dos períodos bonificables, ou que se desfruten neles máis de 20 días naturais ininterrompidamente.

3. En cada centro de traballo, unha comisión formada por representantes da empresa e do comité de empresa ou delegado de persoal, someterá á dirección un plan anual de desfrute de vacacións para a súa aprobación ou modificación se procede. Esta comisión programará e distribuirá as vacacións anuais de todo o persoal. A comisión reunirase coa antelación necesaria, a convocatoria de calquera das partes.

En caso de non haber acordo entre os traballadores, en canto ó momento de desfrute das vacacións, será aplicable o sistema de quendas rotativas.

Artigo 25º.-Incapacidade laboral transitoria coincidente con vacacións.

Se se dese a incapacidade laboral transitoria encontrándose o traballador desfrutando de vacacións, interromperanse estas o tempo que dure a dita incapacidade, continuando o desfrute de vacacións a partir da data de alta.

Artigo 26º.-Licencias.

De acordo co establecido no Estatuto dos traballadores, Artigo 37.3º, o traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) 16 días naturais en caso de matrimonio.

b) 3 días en caso de nacemento de fillo. Esta licencia será sempre de días laborables. Inclúense o parto de compañeira ou traballadora solteira, sempre que o fillo sexa recoñecido legalmente.

c) 3 días por enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de 5 días.

d) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal, nos termos establecidos legalmente.

f) Por falecemento de parentes de 3º e 4º grao a empresa concederá permiso polo tempo imprescindible para acudir ó sepelio sempre e cando este sexa na cidade onde reside o traballador.

A empresa concederá tamén permiso remunerado polo tempo estrictamente necesario para acudir a consulta médica, sempre que se achegue a debida xustificación.

Capítulo IV

Estructura da remuneración

Artigo 27º.-Grupos e categorías profesionais.

A clasificación do persoal afectado polo presente convenio abrangue os seguintes grupos e categorías profesionais:

-Empregados:Obreiros:

Xefe 1ª.-G. Social-Perito.Capataz-Contramestre

Xefe 2ª.-Delineante superior.Oficial 1ª

Oficial 1ª.-Delineante 1ª.Oficial 2ª

Delineante de 2ªOficial 3ª

Oficial 2ªPeón especialista

Auxiliar administrativoPeón ordinario

Traballadores menores deTraballadores menores

18 anos18 anos

Artigo 28º.-Conceptos salariais.

A remuneración do persoal incluído no presente convenio estará integrada polos conceptos de:

-Salario base.

-Antigüidade.

-Complementos legais.

O detalle destes conceptos, a excepción da antigüidade, recóllese nos anexos I e II, que inclúen as táboas de remuneracións mínimas.

Artigo 29º.-Antigüidade.

A contía desta retribución determinarase da seguinte maneira:

-Bienios do 5% cada un.

-Quinquenios sen limitación do 10% cada un, sempre que non supere o legalmente establecido.

Fíxase como base de cálculo, para tódalas categorías, a cifra de 53.690 pesetas mensuais.

A citada base de cálculo da antigüidadee establécese para a vixencia do presente convenio, podéndose considerar a partir do próximo ano.

Artigo 30º.-Gratificacións regulamentarias.

As gratificacións regulamentarias de xullo e decembro aboaranse a razón das cantidades que, para cada categoría profesional, se sinalan nos anexos I e II,

incrementados coa antigüidadee correspondente a cada traballador.

Para os efectos do devengo destas gratificacións, o ano enténdese dividido en dous semestres naturais. Ó primeiro correspóndelle a gratificación de xullo e ó segundo, a de decembro. Os traballadores que causen alta ou baixa durante o ano percibirán a parte proporcional correspondente ó tempo efectivamente traballado durante o semestre a considerar.

Artigo 31º.-Participación en beneficios.

O importe a percibir por este concepto é o recollido nos anexos I e II, engadíndose o 6% do importe da retribución de antigüidadee correspondente a 12 meses.

Esta retribución percibirase o 31 de marzo de cada ano como máximo, e afectará a tódolos traballadores que teñan como mínimo un ano de antigüidadee ó 31 de decembro último.

Artigo 32º.-Recibo individual xustificativo do pagamento de salarios.

Baixo a denominación de salario convenio, inclúense os conceptos de salario base e complementos, correspondentes ós días ou horas efectivamente traballados, de acordo co artigo 20 da Lei do 29-11-1973, que desenvolve o Decreto 17-8-1973 sobre ordenación do salario.

Artigo 33º.-Cota sindical.

A empresa descontará da nómina mensual, a requirimento dos traballadores interesados, o importe da cota sindical correspondente, sen ter en conta mínimos de afiliación de ningún tipo.

Para tal efecto, o traballador remitirá á dirección da empresa un escrito que exprese a orde de desconto, o sindicato a que pertence e a contía da cota. A empresa efectuará as citadas deduccións, salvo indicación en contrario.

Artigo 34º.-Horas extraordinarias.

Acórdase un valor único para todo o persoal afectado por este convenio 1.253 brutas por cada hora extraordinaria realizada.

Tales valores, no suposto de seren inferiores a aqueles que lles correspondesen, segundo categorías, ós traballadores que as efectúen, están compensados por terse incluído nos salarios globais anuais do persoal, unha parte do que se pagase por horas extraordinarias ó prezo legal.

Artigo 35º.-Productividade.

As dúas partes -social e económica- deste convenio recoñecen que deben chegar a mellorarse os rendementos de modo que, cunha normal productividade, se obteña unha maior rendibilidade que permitirá atende-las xustas reivindicacións dos traballadores.

Ó mesmo tempo, a empresa asume o compromiso de perfecciona-lo marco organizativo, adecuándoo a esa esixencia de productividade e esixindo o seu cum

primento por todos e a tódolos niveis de responsabilidade.

Artigo 36º.-Axudas de custo.

O importe das axudas de custo para todo o persoal da empresa será o seguinte:

-Media axuda de custos: 1.269 pesetas.

-Axuda de custos enteira: 3.748 pesetas.

Para os viaxantes, considerando que poden ter algún gasto suplementario, acórdase fixa-los seguintes valores:

-Media axuda de custos: 1.587 pesetas.

-Axuda de custos enteira: 4.197 pesetas.

En caso de que se xustifique que a axuda foi insuficiente, aboaranse os gastos reais producidos.

Artigo 37º.-Complemento de calidade e cantidade.

O complemento de calidade e cantidade (C.C.C.) rexerase polas seguintes normas:

1. Fíxase para 1996 un obxectivo para cada sucursal que lle foi asignado en función do orzamento anual para o dito ano.

2. Enténdese como obxectivo do ano 1996 o importe das vendas a clientes.

3. O 31-3, 30-6, 30-9 e 31-12 de cada un dos anos, obterase o cociente de dividi-las vendas a clientes entre o obxectivo trimestral establecido.

En función do dito cociente, redondeado por exceso ou por defecto, percibiranse trimestralmente as seguintes cantidades:

CocientePtas./Traballador/Trim.

1,005.820
1,016.466
1,027.110
1,037.805
1,048.556
1,059.409
1,0610.266
1,0711.228
1,0812.307
1,0914.202
Tope: 1,1015.305

4. O C.C.C. devengarase por día efectivamente traballado. Considérase para estes efectos como días de traballo as vacacións, licencias previstas no Art. 26º e accidente laboral.

Capítulo V

Artigo 38º.-Indemnización voluntaria de accidente e enfermidade.

Cando algún traballador sexa dado de baixa por motivo de accidente laboral, concederase un complemento que, sumado á indemnización legal de accidente que percibe da mutua correspondente, lle garanta ó traballador accidentado a percepción do 100% da suma do salario convenio mailo complemento de antigüidade, a partir do primeiro día da baixa. A dita garantía de percepción íntegra estenderase ás gra

tificacións regulamentarias e á participación en beneficios.

O comité de seguridade e hixiene ou delegado de seguridade, se é o caso, disporá a non concesión dese complemento se estimase que o accidente é consecuencia do incumprimento das normas de seguridade existentes. Neste caso, o importe que lle correspondese ó accidentado pasará a formar un fondo con destino a fins sociais.

A empresa concederá un complemento que, sumado á indemnización legal por enfermidade aboada pola Seguridade Social, lle garanta ó traballador enfermo a percepción do 100% da suma do salario convenio mailo complemento de antigüidade, nos casos de internamento nos centros hospitalarios e mentres dure este, logo de xustificación do dito internamento, así como o tempo mínimo de recuperación que, como consecuencia do internamento, certifique o médico especialista correspondente e soamente durante este tempo mínimo.

No suposto de que un traballador sexa dado de baixa polo médico da Seguridade Social, como consecuencia de enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa aboará un complemento tal que, sumado ás prestacións que para estas continxencias aboa a Seguridade Social, lle garanta ó traballador a percepción do 90% da súa retribución salarial do salario base e antigüidade a partir do décimo sexto día consecutivo da baixa, ratificada polo médico de empresa, durante 12 meses, prorrogable por outros seis meses, que é o tempo durante o cal a Seguridade Social concede as prestacións económicas por incapacidade laboral transitoria.

Artigo 39º.-Axuda de estudios.

Acórdase establece-la cantidade de 473.916 pesetas brutas anuais durante a vixencia deste convenio, que se destinará a axuda de estudios dos fillos do persoal desta empresa. Do importe da axuda de estudios deducirase o IRPF que corresponda en cada caso.

O reparto desta axuda farase conforme as normas que se achegan como anexo IV ó presente convenio.

Artigo 40º.-Formación profesional e plans de estudio.

Ámbalas representacións están convencidas da importancia crecente da formación e o perfeccionamento profesional de todo o persoal da empresa e, nun desexo conxunto de impulsalas, comprométense a cumpri-las seguintes condicións:

a) A empresa continuará as accións de formación procurando que alcancen a tódolos traballadores ou que tódolos traballadores teñan oportunidade de realizalas.

b) Producida a vacante dun posto superior, considerarase mérito preferente para a promoción o feito de ter realizado, con aproveitamento, cursos de formación ou perfeccionamento relacionados co posto que se vai ocupar ou, no seu defecto, de índole xeral.

c) Para contribuír ó propio perfeccionamento, o persoal que asista a cursos fóra das súas horas de traballo, promovidos pola empresa, aportará o 50% deste tempo, percibindo o outro 50% coa retribución correspondente a horas extraordinarias.

d) No caso de que voluntariamente así o desexe o interesado, a asistencia a estes cursos de perfeccionamento ou formación terá carácter preferente sobre outros traballos extraordinarios a que fose requirido polos seus superiores xerárquicos, comprometéndose a empresa a facilita-la asistencia ós cursos, no que a ela concirne.

e) O persoal acepta o compromiso de colaborar coa empresa en tódalas accións de formación que tendan ó perfeccionamento, promoción e reconversión profesional.

f) A concorrencia a estes cursos será totalmente voluntaria, pero unha vez que se acepte o compromiso, para efectos de programar adecuadamente o seu desenvolvemento, procurarase responsablemente asistir en toda a súa duración, salvo causas de forza maior.

g) Os representantes dos traballadores coñecerán previamente os plans de estudio e poderán propoñe-la incorporación ou o rexeitamento dos temas ou aspectos que xulguen oportuno. Tamén os propios asistentes ós cursos exercitarán este dereito, durante o desenvolvemento dos cursos, a través dos seus representantes. Tales propostas serán estudiadas pola dirección e contestadas no máis breve prazo posible, razoando en todo caso a decisión que se adopte, sen que iso supoña que as propostas sexan vinculantes para a empresa.

Artigo 41º.-Seguro de vida e invalidez.

Establécese un seguro de vida e invalidez, conforme as normas detalladas no anexo V.

Artigo 42º.-Xubilación.

Institúese un premio de xubilación, que o traballador percibirá dunha soa vez no momento de producirse esta, consistente no importe dunha mensualidade de salario convenio máis antigüidade, para aqueles traballadores con máis de 10 anos de antigüidade, e de dúas mensualidades de salario convenio más antigüidade, para os que, no momento da xubilación, teñan máis de 20 anos de antigüidade.

Artigo 43º.-Comisión negociadora.

De conformidade co legalmente establecido sinálase que o presente convenio colectivo foi negociado polas partes que a continuación se detallan:

-Representación da dirección:

Manuel Peña Madueño.

Manuel Jerez López.

-Representación dos traballadores:

Suc. Santiago: José A. Suárez Fernández.

Suc. Ourense: Carlos Novo González.

Suc. Lugo: Luis López Pombo.

Suc. Ferrol: Pedro Milán González.

Suc. Pontevedra: Luis A. Touriño Vázquez.

Artigo 44º.-Disposición derradeira.

A comisión deliberadora fai constar expresamente que o conxunto das normas contidas neste convenio

substitúe a aquelas polas que se viña rexendo, en tódolos seus aspectos, a relación laboral do persoal ó que afecta.

Calquera aspecto non recollido por este convenio quedará sometido ó que estableza a lexislación vixente en cada momento.

ANEXO I

Táboas de remuneración mínimas (sen antigüidade)

Persoal empregado

CategoríasSalario mesSalario 12 mesesGratificac.

Regulament.

2 meses

Participación

en beneficios

Total anual

Xefe de 1ª

Perito industrial

157.9351.895.220315.87040.110 2.251.200
Xefe de 2ª

Delineante superior

148.9301.787.160297.86037.302 2.122.322
Oficial de 1ª

Delineante de 1ª

138.7301.664.760277.46034.397 1.976.617
Delineante de 2ª

Viaxante

131.4521.577.424262.90432.150 1.872.478
Oficial de 2ª123.6751.484.100247.35029.688 1.761.138
Auxiliar administrativo117.0951.405.140234.19027.629 1.666.959
Aspirante91.2171.094.604182.43420.115 1.297.153

NOTA: das remuneracións deduciranse os seguintes conceptos:

-As cotas da Seguridade Social a cargo do traballador.

-O imposto sobre a renda das persoas físicas.

ANEXO II

Táboas de remuneración mínimas (sen antigüidade)

Persoal obreiro

CategoríasSalario mesSalario 12 mesesGratificac.

Regulament.

2 meses

Participación

en beneficios

Total anual

Capataz127.3471.528.164254.69430.4581.813.316
Oficial de 1ª122.4311.469.172244.86228.9381.742.972
Oficial de 2ª118.0941.417.128236.18827.6001.680.916
Oficial de 3ª115.1731.382.076230.34626.6861.639.108
Peón especialista113.4381.361.256226.87626.1421.614.274
Peón ordinario110.6551.327.860221.31025.5311.574.521
Pinche85.3741.024.488170.74818.7241.213.960

NOTA: das remuneracións deduciranse os seguintes conceptos:

-As cotas da Seguridade Social a cargo do traballador.

-O imposto sobre a renda das persoas físicas.

ANEXO III

Normas para a distribución da axuda a estudios

1. A axuda a estudios beneficiará exclusivamente ós fillos dos traballadores acredores a iso, segundo

os artigos que seguen. Exclúense expresamente os irmáns dos traballadores e outros familiares de calquera grao.

2. A contía global que se repartirá anualmente será a establecida en todo momento polo convenio entre empresa e traballadores.

3. Terá dereito a recibi-la axuda a estudios todo o persoal de Unión Cristalera, S.A. con fillos -tanto naturais como lexítimos, adoptados legalmente ou baixo tutela legal, e incluso os habidos en anteriores nupcias, sempre que estean baixo tutela do declarante- e que ademais reúna as condicións seguintes:

a) Que o pai ou titor o solicite expresamente, cada ano, en impreso que facilitarán oportunamente os representantes dos traballadores en cada centro de traballo.

b) Que realicen cursos de titulación recoñecidas polo Estado ou estudios de capacitación profesional de duración igual ou superior a un ano escolar, sen límite mínimo nin máximo de idade.

c) Que os estudios se realicen en centros radicados en territorio espanol, tanto públicos como privados.

d) Os fillos subnormais de calquera idade, tanto que vivan cos pais como que permanezan en centros especiais, pero sempre e cando estean a cargo do solicitante.

4. Non terán dereito a recibi-la axuda a estudios os que incumpran o establecido no artigo 3º, e ademais:

a) O persoal expresamente excluído do ámbito do convenio colectivo.

b) Os fillos dos traballadores que, aínda que estudien, teñan un traballo fixo remunerado como mínimo co salario mínimo interprofesional.

5. Calquera caso non previsto por estas normas será resolto polo comité de empresa.

6. Cada fillo con dereito a iso, devengará a axuda a estudios unha soa vez anualmente; é dicir, no caso de que pai e nai traballen en U.C., non poderán presentar dúas solicitudes, senón conxuntamente unha soa solicitude.

7. Os impresos que se faciliten para formaliza-la solicitude serán cubertos polo solicitante con tódolos datos que se pidan, poñendo ademais data de entrega e sinatura. Os datos relativos ós estudios referiranse sempre ós do último ano escolar finalizado, non ó que se vai cursar.

8. En tódolos centros de traballo de Unión Cristalera, S.A. o prazo para solicita-la axuda a estudios abrirase o 15 de maio e pecharase o 31 de maio. Non se admitirán, por ningún motivo, solicitudes que cheguen a poder dos representantes despois da data de peche.

9. Os representantes en cada centro de traballo exporán unha nota no taboleiro de anuncios, na que se abrirá o prazo de solicitude e se fará constar expresamente a data de remate.

10. Unha vez cerrado o prazo, os representantes remitirán as solicitudes ó secretario do comité de empresa, quen as tramitará en primeira instancia e remitirá a cada centro de traballo unha relación de tódolos solicitantes, fillos acredores a axuda, nivel de estudios e coeficiente que corresponda a cada fillo. Esta relación deberá expoñerse nos respectivos taboleiros de anuncios entre o 5 e o 10 de xuño como máximo.

11. Á vista dos datos que se indican no artigo anterior, calquera traballador de Unión Cristalera, S.A. poderá formula-las reclamacións que estime oportunas.

12. O 11 de xuño seguinte día hábil, reunirase o comité de empresa para tramitar definitivamente tódalas solicitudes, resolve-las reclamacións que houber e calquera outra incidencia, así como determina-las cantidades que corresponden a cada solicitante en función da suma de coeficientes asignados e a cantidade global a repartir segundo convenio. O comité de empresa exporá a continuación, en tódolos centros de traballo de U.C., relación segundo se especifica no artigo 10º, co coeficiente definitivo que corresponde a cada fillo e a cantidade que haberá de percibir.

13. A empresa liquidará o importe que corresponda a cada solicitante, segundo a relación definitiva, na nómina do mes de agosto.

14. Non existe limitación da axuda a estudios que corresponda a cada solicitante por número de fillos acredores a iso. A única limitación na contía de cada axuda vén dada pola cantidade global a repartir, número total de fillos de tódolos traballadores solicitantes e nivel de estudios.

15. Para a concesión da axuda non se terán en conta as notas obtidas no curso; sendo indiferentes, para estes efectos, os suspensos o non aptitude dos estudiantes.

16. Os coeficientes para calcula-lo que corresponde a cada estudiante acredor a axuda, serán, segundo o seu nivel de estudios, os seguintes:

NivelCoeficiente

Preescolar e párvulos1,00

EXB de 1º a 4º ano incluído1,50

EXB de 5º a 8º ano incluído2,00

BUP, COU e escolas profesionais2,50

Estudios superiores3,00

Subnormais5,00

17. Aplicaranse os ditos coeficientes como segue:

a) A cada estudiante, segundo o seu nivel de estudios que figure na solicitude, asignaráselle o coeficiente que corresponda.

b) Sumaranse tódolos coeficientes asignados, dando unha cifra variable cada ano, que loxicamente ha de ser así polas distintas circunstancias que se darán cada ano nas solicitudes.

c) A cantidade anual a repartir pactada en convenio, dividirase entre a suma dos coeficientes obtida segundo se indica en apartado b), resultando así a cantidade que corresponde ó coeficiente 1,00, precisamente para ese ano que se calcula.

d) Basta multiplicar esa cantidade base obtida segundo se indica en apartado c) polo coeficiente que corresponda, para que resulte o que devengará cada fillo.

e) Á súa vez, súmanse as cantidades devengadas por cada fillo, resultando o total que percibirá cada traballador solicitante.

f) A suma de tódolos totais percibidos por tódolos traballadores ha de ser necesariamente o pactado en convenio.

18. O comité de empresa estudiará os casos nos que se aprecie incorrección de datos facilitados polo solicitante. Se se probase algún falseamento intencionado de datos, o comité poderá adoptar sancións, incluso ata a suspensión indefinida da axuda.

ANEXO IV

Seguro de vida e invalidez

Ten por obxecto garantirlles un capital ós traballadores que cumpran as condicións máis adiante citadas, nas seguintes eventualidades:

a) Falecemento.

b) Invalidez permanente absoluta.

Pagadoiro ós beneficiarios designados ou ó propio asegurado, respectivamente, de acordo co disposto na Orde do Mº de Facenda de data 12-8-1981 (BOE do 5-9-1981):

-Traballadores asegurados.

Beneficiaranse das garantías establecidas no seguro:

1. Tódolos traballadores de alta na empresa ata que termine a anualidade en que os asegurados cumpran 65 anos de idade.

2. Os traballadores fixos no cadro de persoal, xubilados anticipadamente entre os 60 e 65 anos de idade, ata que termine a anualidade en que o asegurado cumpra 65 anos.

3. Os traballadores fixos no cadro de persoal, en situación de invalidez provisional, ata que termine a anualidade en que cumpran 65 anos.

4. Os traballadores fixos no cadro de persoal que, de común acordo coa empresa, ó cumpriren os 65 anos, sigan en servicio activo, terán garantido o risco de falecemento, como máximo, ata o 31 de decembro do ano correspondente ó setenta aniversario de cada asegurado.

-Traballadores excluídos das garantías.

Serán os seguintes:

1. Os que estean cumprindo o servicio militar ou en situación de excedencia.

2. Aqueles que teñan xa establecido, con carácter persoal pola empresa e a cargo dela, outro seguro igual ou similar a este.

-Duración das garantías.

a) Comezo das garantías.

As garantías tomarán efecto:

A partir do primeiro día do mes seguinte de ser dado de alta ou na empresa.

b) Cesamento de garantías.

O mesmo día do cesamento, para os asegurados que causen baixa temporal (licencias ou excedencias) ou definitiva na empresa, salvo nos casos previstos nos núms. 2 e 3 do apartado traballadores asegurados.

En caso de que o asegurado fose declarado en situación de invalidez permanente absoluta, cesarán as garantías para o caso de falecemento.

-Capital asegurado.

O importe do capital garantido para cada asegurado é igual ó producto do capital base polo coeficiente familiar.

Establécese un capital base de 300.000 pesetas.

-Coeficiente familiar.

Segundo a situación familiar dos asegurados, establécense os seguintes coeficientes que se aplicarán sobre o capital base:

* Persoal interino, eventual ou en período de proba: 100%.

* Para asegurados solteiros ou viúvos sen fillos: 100%.

* Para asegurados casados: 120%.

* Para asegurados viúvos ou solteiros con fillos menores de 18 ou maiores incapacitados: 120%.

* Por cada fillo menor de 18 anos ou maior incapacitado, incrementarase o capital base en: 20%.

-Riscos garantidos.

Garántense tódolos casos de falecemento, baixo as únicas reservas seguintes:

* A garantía só ten efecto, en caso de suicidio dun asegurado, cando se produza polo menos dous anos despois da súa entrada no seguro.

* Non está garantido o risco de morte a consecuencia de viaxes en avión non efectuados en liñas comerciais aéreas de transporte en común, carreiras de automóbiles ou de calquera outro vehículo de motor.

* Respecto á cobertura do risco de invalidez permanente absoluta, os riscos excluídos son os sinalados na Orde do Mº de Facenda do 24-1-1977, anexo nº 3, art. 3º.2ª.

-Beneficiarios.

Os beneficiarios serán os seguintes:

* O cónxuxe supervivente; no seu defecto, os fillos do matrimonio; a falta destes, o pai e maila nai ou

o supervivente de ambos. En defecto das persoas antes indicadas, os habentes-dereito lexítimos.

* De forma excepcional, e cando exista unha causa que o xustifique, poderá establecerse unha atribución beneficiaria distinta, pero estas excepcións deberán ser comunicadas expresamente para cada caso particular. Nestes casos, cubrirá e entregaralle o interesado á empresa o boletín de cambio de beneficiario.

-Disposicións varias.

En caso de invalidez permanente absoluta, aboarase o capital garantido cando ó asegurado lle sobreveña unha incapacidade física ou mental que poña a este, antes da idade de 65 anos, na imposibilidade permanente e definitiva de exercer calquera traballo remunerado.

En caso de invalidez permanente absoluta, desde a mesma data en que se aboase o capital estipulado, o asegurado deixará de estar garantido para o caso de falecemento.

ANEXO V

Incrementos anos 1997 e 1998

I. Táboas de retribución salarial. Anexos I e II ano 1997.

Servirán de base para confecciona-las táboas de retribución do ano 1997, as que estivesen vixentes ata o 31 de decembro de 1996.

A esta base de referencia aplicaráselle o IPC previsto polo Goberno para 1997.

Esta mesma aplicación efectuarase ós seguintes conceptos:

* Antigüidade.

* Axudas de custo.

* Escala C.C.C.

* Horas extras.

* Xornada partida.

II. Táboas de retribución salarial. Anexos I e II ano 1998.

Servirán de base para confecciona-las táboas de retribución do ano 1998 as que estivesen vixentes ata o 31 de decembro de 1997.

A esta base de referencia aplicaráselle o IPC previsto polo Goberno para 1998.

Esta mesma aplicación efectuarase ós seguintes conceptos:

* Antigüidade.

* Axudas de custo.

* Escala C.C.C.

* Horas extras.

* Xornada partida.

ANEXO VI

Complemento especial de obxectivos

Establécese durante a vixencia deste convenio un complemento especial de obxectivos, sobre as seguintes bases:

-Obxectivos.

Superar ó 31 de decembro de cada ano a cifra de vendas a clientes prevista no orzamento anual inicial para a sociedade.

A forma de aplicación será segundo o cadro seguinte:

Data de aplicación

Escala en función do cociente entre vendas reais e vendas previstas para cada anoPorcentaxe a aplicar sobre a retribución salarial, anexo I e II

1,010,3%
1,020,6%
1,030,9%
02/19971,041,2%
02/19981,051,5%
02/19991,061,8%
1,072,10%
1,082,40%
1,092,70%
1,10 (Tope)3,0%

Condicións de aplicación:

Trátase de pesetas/brutas e no momento da aplicación afectará ó persoal no cadro ó 31/decembro do ano anterior, en función do tempo traballado nese ano.

O aboamento realizarase nunha soa paga no mes de febreiro dos anos 1997, 1998 e 1999.

No é consolidable ni trasladable ás táboas salariais.

6957