Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 30 de setembro de 1996 Páx. 8.756

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 23 de setembro de 1996, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, pola que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

O Servicio Galego de Colocación, xestionado pola Subdirección Xeral de Colocación da Dirección Xeral de Formación e Emprego, ten como obxectivo,

en canto que axencia pública de intermediación laboral, casa-las demandas de emprego coas ofertas que se produzan no mercado laboral a través do programa informático que, de xeito obxectivo, e logo de introducción dos datos dos demandantes e oferentes, realiza o emparellamento oferta-demanda.

Esta introducción de datos realízase a través da rede de centros asociados ó Servicio Galego de Colocación, centros que teñen un horario amplo co obxecto de recibi-lo maior número posible de ofertas, debendo de ser así operativos nos horarios laborais convencionais nos que se inclúen os de sábado pola mañá.

A necesidade de dar un eficaz e axeitado soporte técnico a estes centros durante todo o tempo do seu funcionamento dentro do Servicio Galego de Colocación esixe manter operativos, en horario tamén de sábado pola mañá, os postos da Subdirección Xeral de Colocación que se recollen no anexo da presente orde.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, oída as organizacións sindicais presentes na mesa xeral de negociación de funcionarios e a comisión de persoal,

DISPOÑEMOS:

Artigo único.-Modifica-la relación de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia nos termos recollidos no anexo á presente orde.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1996.

Dositeo Rodríguez RodríguezJosé A. Orza Fernández

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Economía

e Administración Públicae Facenda

ANEXO

No DOG nº 48, do 7 de marzo de 1996, nas páxinas 1925 e 1926 nos postos de traballo con códigos:

FA.C05.00.000.15770.010, FA.C05.00.000.15770.011,

FA.C05.00.000.15770.012, FA.C05.00.000.15770.013,

FA.C05.00.000.15770.014, FA.C05.00.000.15770.015,

FA.C05.00.003.15770.004, FA.C05.00.003.15770.005,

FA.C05.00.003.15770.006, FA.C05.00.003.15770.007,

FA.C05.00.003.15770.008, FA.C05.00.003.15770.009,

FA.C05.00.003.15770.021, FA.C05.00.003.15770.022,

FA.C05.00.003.15770.023, FA.C05.00.003.15770.024,

FA.C05.00.003.15770.027, FA.C05.00.003.15770.028,

FA.C05.00.003.15770.031, FA.C05.00.003.15770.032,

FA.C05.00.003.15770.033, FA.C05.00.003.15770.034,

Na columna de observacións debe dicir «Réxime quendas incluíndo sábados pola mañá.».

5972