Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 27 de setembro de 1996 Páx. 8.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto, das asistencias técnicas con clave 62102012 e 62128065.

A Delegación de Agricultura, Gandería e Montes de Pontevedra anuncia a contratación mediante concurso, procedemento aberto, polo procedemento de urxencia, das asistencias técnicas seguintes:

1. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o levantamento de planos parcelarios e altimétricos por topografía clásica na zona de Valiñas-Agudelo-Barro (Barro-Pontevedra).

-Clave: 62102012.

-Orzamento: 17.158.400 ptas.

-Prazo de execución: 12 meses.

-Fianzas esixidas:

Provisional: exenta.

Definitiva (4%): 686.336 ptas.

-Clasificación do contratista: categoría A, grupo I, subgrupo 1.

2. Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o levantamento de planos parcelarios e altimétricos por topografía clásica na zona de San Salvador de Meis (Meis-Pontevedra).

-Clave: 62128065.

-Orzamento: 11.368.401 ptas.

-Prazo de execución: 12 meses.

-Fianzas esixidas:

Provisional: exenta.

Definitiva (4%): 454.736 ptas.

-Clasificación do contratista: categoría A, grupo I, subgrupo 1.

-Documentos de interese para os licitadores: o proxecto e mailo prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos Servicios de Contratación e de Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delegación, sitos na rúa Benito Corbal 47, de Pontevedra.

-Modelo de proposicións: as proposicións económicas formalizaranse estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

-Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados, segundo especifica o prego de cláusulas administrativas particulares, no rexistro da delegación, en man, ou enviaranse por correo ó Servicio de Contratación desta delegación (rúa Benito Corbal 47, Pontevedra), coas formalidades que determina o artigo 100 do Regulamento xeral de contratación, modificado

polo Real decreto 2528/1986, no prazo de admisión, que rematará ás doce horas do décimo terceiro día hábil, que non cadre en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

-Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás dez horas do quinto día hábil, que non cadre en sábado, a partir do derradeiro día de presentación de proposicións, nas oficinas desta delegación provincial.

-Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

-Pagamento do anuncio: o importe da publicación deste anuncio correrá por conta dos respectivos adxudicatarios.

Pontevedra, 17 de setembro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

9607001