Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 27 de setembro de 1996 Páx. 8.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/39-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: variante L.M.T. Grela-Pasaxe ó seu paso polo campus universidade.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: variante liña de media tensión en dobre circuíto de aéreo a subterráneo nomeada Grela-Ponte Pasaxe (expediente 9912) o seu paso polo campus universitario, a 15/20 kV e terán as seguintes lonxitudes 570 m e 2.120 m, esta última enlazará tódolos CC.TT. do campus universitario, en conductor R.H.V. de 3(1x240 mm Al). Concello da Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 29 de agosto de 1996.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

9606659