Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 27 de setembro de 1996 Páx. 8.738

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativos á publicación de puntuacións do segundo exercicio da fase de oposición.

Convocado concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde de 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño), de conformidade co apartado 5 da base sexta A), unha vez realizados os distintos exercicios da fase de oposición, correspóndelles ós tribunais establece-los criterios de corrección deles e decidir baseándose nisto os aspirantes que os superan ou que resultan eliminados.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre a publicación das puntuacións outorgadas ós aspirantes no segundo exercicio da fase de oposición, de conformidade co disposto no apartado 12 da base sexta A) da citada convocatoria, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, ademais de expoñe-las listas correspondentes nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, nos das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde e nos dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do organismo ou nos das administracións dos centros de xestión de atención primaria deste, facultándose para isto expresamente a esta Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que

RESOLVO:

Primeiro.-Declarar aptos a todos aqueles aspirantes que obtivesen no segundo exercicio da fase de oposición, na respectiva categoría, unha puntuación igual ou superior á seguinte:

-Grupo de xestión da función administrativa: 29 puntos.

-Traballador social: 23,4 puntos.

-ATS/DUE: 24 puntos.

-Fisioterapeuta: 26 puntos.

-TEL: 30 puntos.

-TER: 22,5 puntos.

-TEAP: 30 puntos.

Segundo.-Declarar expresamente excluídos do concurso-oposición a todos aqueles aspirantes que non acadasen a dita puntuación na respectiva categoría.

Terceiro.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

6667