Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 27 de setembro de 1996 Páx. 8.737

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 12 de setembro de 1996 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde.

Convocada, pola Orde do 12 de xullo de 1996 (DOG nº 146, do 26 de xullo), a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nos ser

vicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 12 de xullo de 1996 (DOG nº 146, do 26 de xullo).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ós funcionarios que se relacionan no anexo á presente orde.

Terceiro.-Declarar expresamente desertos os demais postos de traballo non adxudicados pola presente orde.

Cuarto.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Quinto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 1996.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEX0

Apelidos e nome: González Loroño, Mª Beatriz.

NRP: 3544787368 A2060.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: xefe de Servicio de Xestión.

Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Nimo Ríos, Pablo.

NRP: 3326399857 A2060.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: xefe de Servicio de Contratación.

Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: García Giménez, Dolores.

NRP: 3542710835 A2060.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 28.

Corpo ou clase: superior da Xunta de Galicia.

Posto de Traballo: xefe de Servicio de Xestión e Análise Económico.

Dependencia: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

Localidade: Santiago de Compostela.

6859