Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 181, do 16 de setembro de 1996, é necesario efectua-las seguintes correccións:
Na páxina 8.415, no curso de adestramento en habilidades sociais (3 cursos), no punto 3. Desenvolvemento, no apartado 3.1. Duración; onde di: «40 horas (20 prácticas e 20 teóricas).», debe dicir: «12 horas por curso (6 prácticas e 6 teóricas)».
Na mesma páxina, no curso de análise e avaliación institucional en centros residenciais para menores (1 curso), hai que face-las seguintes correccións:
-No punto 2. Destinatarios, onde di: «Persoal técnico das delegacións e servicios centrais da Dirección Xeral de Falmilia»; debe dicir: «Directores de centros propios, responsable de centros das delegacións e servicios centrais da Dirección Xeral de Familia».
-Igualmente o segundo parágrafo do punto 2. Destinatarios, elimínase.
-No punto 3.2. Lugares e datas, onde di: «Santiago de Compostela, 23, 24 e 25 de outubro de 1996» debe dicir: «Os días 23 e 25 na Escola Galega de Administración Pública e o día 24 no salón de actos pequeno de Presidencia».
Na páxina 8.416, no curso de Execución de medidas de liberdade vixiada e servicios en beneficio da Comunidade Autónoma, o segundo parágrafo do punto 2. Destinatarios, elimínase.
6865